EconomíaEconomíaÚltima horaVídeos

A Asociación Celanova CHEA lanza unha mensaxe de apoio á hostalaría

Dende o colectivo lembran que "temos que seguir a normativa para que os nosos bares, cafeterías e restaurantes poidan seguir abertos"

Imaxe do vídeo.

 

Dende a Asociación de Comerciales, Hosteleiros e Empresarios da Vila de Celanova, Celanova CHEA, veñen de facer emitir un vídeo en apoio á hostalaría no que amosan de xeito claro o que hai que facer cando se visite un local de hostalaría en canto ao límite de aforo, o uso correcto da mascarilla, a prohibición de fumar ou o rastrexo do Covid a través dos códigos QR.

“Temos que seguir a normativa para que os nosos bares, cafeterías e restaurantes poidan seguir abertos”, aseguran, facendo un chamamento á poboación: “Colabora con nós, colabora con eles e gañaremos todos”.

O vídeo pode verse na seguinte ligazón: https://www.facebook.com/watch/?v=455126072357149

 

Artigos relacionados

Back to top button