OurenseÚltima hora

A Asociación Cultural A Pantalla presenta en Xinzo unha unidade didáctica sobre o Entroido

O acto será este venres 1 de febreiro ás 20h. no Museo Galego do Entroido

Cartel da presentación.

Queda moi pouco para que comece o tempo de Entroido, unha celebración que preparan con fervor e sentimento en Xinzo de Limia, unha vila que presume de ter o ciclo festivo máis longo de toda a península.

Co obxectivo de dar a coñecer a particularidade desta festa e a figura central do seu Entroido, a Asociación Cultural A Pantalla elaborou unha proposta didáctica que será presentada este venres 1 de febreiro ás 20h. da sede da asociación, na Rúa da Ladeira 2 (Museo Galego do Entroido).

Artigos relacionados

Back to top button