EconomíaEconomíaÚltima hora

A Asociación de Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel lanza a súa campaña de Nadal

Vai sortear entre os seus clientes 8 cestas cun valor, en total, superior os 2.200€

 

Co fin de incentivar as vendas durante o mes de decembro a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel vai sortear entre os seus clientes 8 cestas cun valor, en total, superior os 2.200€.

En cada local participante haberá unha urna onde os clientes que realicen compras deberán depositar os tíckets con nome e número de teléfono, que se darán por cada compra superior a 10€. A promoción estará vixente dende o 1 de decembro até o 31 de dito mes. O sorteo celebrarase o día 4 de xaneiro ás 20:30 horas no Mesón Ferreiriño de Quiroga e será público para quen queira asistir.

 

Artigos relacionados

Back to top button