EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A Asociación de Sumilleres Gallaecia renova a súa directiva

Aurelio Vázquez, novo presidente da entidade para os vindeiros dous anos, aposta por darlle continuidade á formación, á dignificación e á proxección do sector
Membros da nova directiva de Gallaecia: de esquerda a dereita: Pedro Sestayo, Sonia Molero, Alejandro Paadín e Aurelio Vázquez.

Por unanimidade resultaba aprobada a candidatura da nova directiva da Asociación de Sumilleres Gallaecia na última asemblea xeral desta entidade galega. A presidencia deste colectivo vén de ser asumido por Aurelio Vázquez, do restaurante Casa Aurelio de Santa Comba, quen adianta que vai continuar coa traxectoria formativa do equipo saínte, no que xa ocupaba o posto de vicepresidente.

A directiva complétase con Alejandro Paadín (Servino Consulting) no cargo de vicepresidente, con Sonia Molero (Uvepositivo), e Pedro Sestayo (Formador de hostelería) como tesoureiro. Tras a clausura da asamblea, o novo equipo directivo da Asociación de Sumilleres Gallaecia explicaban o que será a súa estratexia de traballo, que se baseará “en promover a formación, dignificación e proxección del sector. Por iso, todos os recursos e esfuerzos destinaranse a fortalecer as prestixiosas Distincións Gallaecia, o Campionato de Sumilleres Ganímedes, os cursos formativos e a divulgación de toda a actividade profesional que inflúa ao colectivo da sumillería de Galicia”.

A Asociación de Sumilleres Gallaecia agrupa a máis de cen sumilleres das catro provincias galegas. É unha entidade “sen ánimo de lucro, sen axudas, nin patrocinios, nin subvencións. Grazas a esta independencia”, din dende este colectivo, “vense demostrando dende hai 20 anos unha gran solvencia no sector”.

Artigos relacionados

Back to top button