CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Sabugueiro busca colaboradores para o Samaín 2023 da Rúa Vella

Será o 4 de novembro e a axuda pode ser como "casa colaboradora" ou como "personaxe terrorífico"

“Personaxes terroríficos” no Samaín do ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dado o éxito das pasadas edicións (o ano pasado contou con douscentos cativos disfrazados percorrendo as rúas), a Asociación Sabugueiro está xa programando o seu particular e divertido Samaín 2023 que se celebrará o 4 de novembro.

Para conseguir o grao de espectacularidade dos anos anteriores, con máis sorpresas e aínda más terrorífico, dende a organización buscan xente que colabore. Pode ser como “Casa Colaboradora” (onde terán que entrar os cativos buscando lambetadas seguindo o mapa) apuntándose no Colmado; ou como “personaxe terrorífico” (que asusten aos cativos e dificulten o seu progreso) contactando coa asociación a través do 699 44 44 62.

 

Casa Colaboradora o ano pasado./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button