
Hai uns meses a Asociación Sociocultural Sabugueiro informaban da imposibilidade de facerse fronte da Comisión de Festas de San Roque. “Os membros que a formamos queremos centrar os nosos esforzos na realización de actividades socioculturais o que nos deixa sen tempo para a organización das festas”, aseguraban a través das redes.
Nese momento convidaban aos veciños a facerse cargo da comisión pero visto que pasaba o tempo e non terse constituído comisión adiantan que á parte das actividade socioculturais que xa tiñan previstas (entre elas un taller de decoración para o xardín), tamén organizarán algo lúdico-festivo.
“Como non somos nin actuamos como unha comisión, non se pasará a pedir polas casas nin se fará libro de festas e todas ls actuacións pagaranse cos fondos que van xerando as diferentes actividades realizadas ao longo do ano”, din, recoñecendo e agradecendo que hai xente que lles está dando donativos. “Os que queiradaes contribuír deste xeito podedes deixalos en O Colmado ou en Peluquería Esencia”.
Aseguran que irán informando a través de carteis das actividades que organicen entre as que non faltará o Got Talent ou a Volta Ecolóxica. “Grazas aos que participan e nos axudan en todo o que facemos. Entre todos conseguimos que ser da Rúa Vella sexa un orgullo”, destacan.




