CulturaCulturaÚltima hora

A Asociación Segredos de Pantón presenta a súa programación cultural de verán

 

Por terceiro ano consecutivo a Asociación Cultural Segredos de Pantón vén de organizar unha completa programación para o estío que vén de facer pública co título “Cultiva Cultura 2022”.

Así contarán coas seguintes actividades:

– 23 de xullo: Visita á igrexa de San Romao de Moreda. “Desfrutaremos deste templo, das historias que ten que contarnos e coñeceremos algo máis sobre o seu antigo prirodado. Nesta actividade colaboraremos ca Asociación de Veciñxs de San Romao de Moreda”, tal e como explican dende a asociación. A hora de comezo as 10 da mañá, o prezo para participar na actividade é de 2 euros/persoa.

– 29 de xullo: Charla sobre a organización territorial de Pantón na Idade Media da man do historiador Luis Manuel Ibáñez Beltrán. Será no salón de actos do Edificio Sociocultural do concello de Pantón, ás 18 horas.

– Agosto (Data aínda sen determinar): Ruta polo Carballedo máis pantonés, onde conxuntamente coa asociación de veciños O Bubaíño de Castro, percorrerase A Grixoá, Paradela e as fermosas igrexas románicas de Santo Estevo de Chouzán e San Martiño da Cova. Prezo: 2 euros/persoa.

 

 

– 3 de setembro: Ruta polas parroquias de Serode, Deade e San Fiz de Cangas. Neste percorrido coñeceremos lugares con encanto e con moita historia do noso concello, visitando igrexas, palomares e mesmo unha casa con moito misterio…
Hora de comezo ás 10 da mañá. Prezo: 2 euros/persoa.

– 17 de setembro: Ruta pola contorna de Pesqueiras, nesta ruta poderemos desfrutar das fermosas do río Miño, sorprendernos ca arquitectura de ribeira e escoitar moitas historias sobre pasos de barcas e ermidas encantadas. Nesta actividade colaboraremos ca Asociación de Veciñxs de Pesqueiras..
Hora de comezo as 10 da mañá. Prezo: 2 euros/persoa.

A data da terceira actividade coma os diferentes lugares de quedada das rutas e visitas avisaranse entre 1 e 2 semanas antes de cada actividade, así coma calquera información necesaria para a devandita actividade.

As persoas interesadas en participar na actividade poden anotarse:
– Por teléfono ou WhatsApp, ao telf. 662-669-223 (Lucas Vázquez).
– Por Facebook ou Instagram.
– Por correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com

Artigos relacionados

Back to top button