En portadaÚltima horaVídeos

O percorrido musical e visual polas rutas xacobeas, enche a praza da Estación da Rúa

La Oca Band, Pili Pampín, Manquiña e Pepo Suevos achegaron a Valdeorras o musical 'Camiñantes e Cantantes'

 

Tal como o veñen anunciando o deste 2024 vai ser un dos meses de agosto máis activo no concello da Rúa. Tres días despois de rematar as festas de verán que reuniron a numeroso público no Aguillón en torno a animados grupos e espectaculares orquestras como La Misión, esta localidade valdeorresa vive hoxe un día moi completo.

 

 

Durante toda a mañá tiña lugar a feira do ano en Fontei e de tarde, xa case noite, acollía o primeiro espectáculo do ciclo BeiraRúa que a Axencia de Turismo de Galicia traerá á vila, ‘Camiñantes e Cantantes. O musical dos Peregrinos’.

 

 

En pleno tramo valdeorrés do Camiño de Inverno, unha das rutas xacobeas a Santiago de Compostela, poucos lugares hai tan acaídos como A Rúa para acoller este espectáculo músico-audiovisual. Da man da orquestra La Oca Band ao longo dunhas dúas horas a praza da Estación converteuse no foco de atracción, combinando música, historia e imaxes dos diferentes camiños.

 

 

Trátase dun espectáculo no que se conta mediante as cancións galegas máis populares e coñecidas dos últimos anos e a través dunha pantalla xigante sobre o escenario, as diferentes rutas xacobeas a Santiago de Compostela, vinculando as cancións ou os cantantes ás diferentes rutas. Con esta mecánica, coa música de La Oca Band e as voz de Pepo Suevos como guía ían desgranando as diferentes rutas xacobeas con temas de artistas como Ana Kiro, Juan Pardo, Ana Kiro, Juan Pardo ,Julio Iglesias, Fuxan os Ventos, A Roda, Carlos Núñez… E tamén temas propios da orquestra como o Camiñantes que dá nome ao espectáculo e abría o musical na Rúa.

 

 

Un espectáculo que contou coa indiscutible voz de Pili Pampín interpretando temas propios como Miña Terra Galega e o humor e retranca de Manquiña con intervencións constantes, tanto cantando como contando. Un musical único (polo apartado musical, pero tamén polo audiovisual) que nacía no Xacobeo 2021 e quedou, chegando neste 2024 á cuarta edición.

Fotos e vídeos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button