
Elena Domínguez González, membro do Club Peña Trevinca Barco e veciña de Viloira, non era das que corría e nunha entrevista publicada en O Sil Deportivo de febreiro de 2019 aseguraba que en apenas dous anos pasou de non practicar deporte a completar carreiras de máis de 80 quilómetros cun gran desnivel pola montaña, viaxando e correndo en probas de ultrafondo (máis de 43 km) sen importar o lugar.
Dende entón leva participado en moitas carreiras dentro e fóra de España. A última era a Ultrarunning Barcelona celebrada a pasada fin de semana. Elena participaba na competición de 24 horas en pista, finalizando “na segunda posición da categoría feminina na competición #Fast24h, realizando 470 voltas pola rúa 1 da pista, de 400 metros cada unha, máis de 360m do último parcial de voltaa, que suma un rexistro total de 188,360Km”, tal como certifica dende a organización, o director da competición.
