DeportesEn portadaÚltima hora

A atleta valdeorresa Xiana Pungín, convocada para o Campionato internacional júnior de Jesolo (Italia)

Xiana Pungín, durante unha competición nacional./ Foto cedida.

 

Nova cita internacional para a atleta valdeorresa Xiana Pungín Estévez, do Club Adas Cupa do Barco. Tras a súa destacada actuación hai uns meses no Campionato de España de Promesas Paralímpicas, na que se facía con dúas medallas de ouro na categoría T13 (unha nos 100 ml e outra na lonxitude), agora vén de ser convocada pola Federación Española de Deportes para Cegos (FEDC) para formar parte da selección española que acudirá ao Campionato Internacional Júnior de Atletismo.

Será ademais a única atleta galega convocada para a cita júnior, que se desenvolverá do 10 ao 15 de maio en Jesolo (Italia), no Armando Picchi Stadium de Livorno. Na competición absoluta, Grand Prix de Atletismo, está convocado outro galego, Jairo Salgueiro Montero, de Monforte. Da selección da FEDC forman parte un total de 17 persoas entre deportistas, guías e adestradores.

Esta será a segunda competición internacional á que vai a atleta do Adas, tras participar en xullo de 2022 coa selección española no Campionatos de Europa para atletas con déficit visual, en Finlandia, onde conseguía un bronce na proba dos 100 ml categoria T13.

Artigos relacionados

Back to top button