AletismoDeportesÚltima hora

O atleta veterano Carlos L. Gudiña (Andarines Arcos), no Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay, en Pontevedra

 

Polos termos municipais de Vigo, Nigrán e Baiona, na provincia de Pontevedra, discorre o Medio Maratón Gran Bahía Vig-Bay que na xornada do domingo 6 de abril reunía a máis de 6.000 corredores.

 

 

Con saída na avenida de Samil, entre eses atletas estaba o valdeorrés Carlos López Gudiña (Andarines Arcos), que lograba o posto 3.120 da xeral e o 72 en Veteranos +60 nun tempo de 1:59:34.

“Facía moita calor pero sentinme ben”, di Carlos pensando xa no seguinte medio maratón que será en Lugo o 18 de maio.

 

Artigos relacionados

Back to top button