ConcellosO BarcoÚltima hora

A avaría nun ascensor mobiliza aos servizos de emerxencia no Barco

 

Na mañá deste venres 15 de setembro, producíase un incidente no centro do Barco de Valdeorras. Segundo informan dende a Policía Local, a avaría no ascensor dun edificio da praza Lauro Olmo, obrigaba a mobilizar aos servizos de emerxencia.

“Hai varias persoas atrapadas e algunha está bastante nerviosa polo que pode requerir asistencia sanitaria”, asegura o xefe da Policía Local, dende o operativo no que participaban o GES Valdeorras e os bombeiros do parque comarcal. Tamén se mobilizaba unha ambulancia do 061.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button