ConcellosSoberÚltima hora

A avoa da Ribeira Sacra, veciña de Sober, cumpre 109 anos

 

María Dolores González Díaz, máis coñecida como Lola da Pena de Gundivós, celebraba hoxe o seu 109 aniversario (dos anos que cumpríu o día 23), na compaña da súa filla, netos e bisnetos.

“Lola atópase estupendamente e moi ben coidada, polo que lle desexamos un feliz día na compaña da súa familia. Desde o Concello de Sober desexámoslle moitos parabéns!!!”, indican dende esta administración local.

O Concello de Sober conta así con 10 persoas centenarias, 8 mulleres e 2 homes.

Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button