ConcellosSoberÚltima hora

O condutor dun vehículo ten que ser excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén, en Sober

 

Na noite deste domingo 30 de marzo unha saída de vía en Sober obrigaba a excarcerar ao condutor dun vehículo caído por un terraplén na localidade lucense de Sober. Así o indican dende o 112 Galicia, explicando que os servizos de emerxencias mobilizáronse tras recibir o aviso “dun coche accidentado nun terraplén duns dez metros de profundidade”.

O suceso producíase  en Campo Rairo, no concello de Refoxo, ao redor das 23 horas. “Un particular alertou tras ver o vehículo accidentado, aínda que non puido deter a marcha. Sinalou que podería haber persoas feridas e mesmo atrapadas no interior”, indican dende o 112 que, “ante a gravidade da situación, mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte de Lemos, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade”.

Ao chegar ao punto, os equipos de rescate comprobaron que “o accidente podería terse producido tras o atropelo dun animal, o que fixo que o condutor perdera o control do coche”. Para liberalo foi necesario empregar material de excarceración antes de trasladalo ao centro hospitalario de referencia.

Artigos relacionados

Back to top button