A Asociación de Propietadios de Mascotas de Ourense cumpre 10 anos e celebraráo por todo o vindeiro sábado.
Apmou é unha asociación cultural e deportiva que promove o benestar animal fundamentalmente a través da educación e da concienciación. Son pioneiros a nivel nacional, neste difícil labor xa que, ao non protectora como tal o seu traballo non resulta tan visual aínda que si sexa importante.
Por iso convidan á poboación a compartir con eles o evento que teñen programado para o sábado 26 de abril, na parte superior do C.C. Ponche Vella de 17:30 a 19:30 horas. “Teremos un vídeo cun pequeno percorrido por estes 10 anos, unha mención especial a unha das primeiras socias e unha presentación sorpresa”, avanzan dende Apmou, destacando que ás 18 horas contarán coa actuación do grupo A Voz das Mouras. Tamén terán un taller para nenos ás 19 horas terán uns petiscos, exclusivamente para socios aínda que o evento será aberto a todo o público.