CulturaCulturaGalerías de fotosMúsica

A Banda de Música do Barco enche de melodías o día do Cristo

Ofrecía o seu tradicional concerto na praza barquense do Sagrado neste 14 de setembrodespois de acompañar á procesión

 

Pasodobres, vals e diversas bandas sonoras de coñecidos filmes. A Banda de Música do Barco envolvía de son e ritmos o día central das Festas do Cristo nesta vila valdeorresa, este 14 de setembro.

Despois de acompañar coa súa música á procesión de Xesús Nazareno ás 12h., esta formación musical, que dirixe Manuel Prada Ramos, ofrecía o seu tradicional concerto das festas ás 13:30h. na praza do Sagrado ante numerosas persoas que ao longo dunha hora desfrutaban das súas melodías.

Fotos: A.R.

Vídeo da actuación:
https://osil.info/video-do-concerto-da-banda-de-musica-do-barco-na-praza-do-sagrado/

Artigos relacionados

Back to top button