CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

A banda valdeorresa Mrs. Fine será teloneira de Fillas de Cassandra, o concerto do Día do Cristo no Barco

Actuarán o sábado 14 de setembro ás 23 horas no Campo da Festa

Mrs. Fine na actuación no SilFest Valdeorras./ Foto: O SIL.

 

A música, de diferentes estilos e para todo tipo de público, será o gran protagonista no programa das Festas do Cristo do Barco, sendo o das Fillas de Cassandra o concerto estrela desta edición, previsto para o sábado 14 de setembro ás 23 horas no Campo da Festa.

Logo de terse erixido como unha das grandes revelacións do panorama musical e do seu paso polo SilFest Valdeorras 2023, Sara Faro e María Soa presentan o seu novo espectáculo Últimas Dionisíacas, no que, ademais de revisitar os éxitos do seu primeiro LP Acrópole desde unha electrónica máis escura e potente, van deixando entrever o será o seu novo traballo discográfico, entretecido con outras composicións inéditas e cantos efémeros.

Como previa, abrindo o seu espectáculo estará a banda local Mrs. Fine membro de AMAVA que debutaba na edición deste ano do SilFest Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button