A RúaConcellosO BarcoÚltima hora

A bandeira do Orgullo LGTB+ xa loce nos Concellos da Rúa e do Barco

 

O vindeiro venres 30 de xuño celebraranse na Rúa e no Barco os actos do primeiro Orgullo LGTBI+ da historia en Valdeorras, unha iniciativa promovida por un grupo de xoves da comarca co fin de “reivindicar dereitos e visibilizar a diversidade sexual e de xénero, que tamén existe na nosa comarca”. O lema para esta primeira edición que inclúe lectura de manifestos e un concerto é “Loitemos por un mundo sen prexuízos!”.

 

A bandeira do Orgullo no Concello da Rúa.

 

Para ir quentando motores, a bandeira do Orgullo xa loce nas fachadas de ámbolos dous Concellos. No cado doda Rúa trátase de “algo moi simbólico para o concello e non ten precedentes xa que nunca se colgara unha bandeira do orgullo no balcón”, di Xabier dende a organización do evento, puntualizando que sendo esta a primeira “tivo que ir algo improvisada e fixémola Isabel María e máis eu a partir dunha saba vella”.

 

A bandeira do Orgullo no Concello do Barco.

 

No caso do Barco de Valdeorras, a bandeira loce tanto no balcón do edificio multiusos, actual sede do Concello, coma no do antigo Concello.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button