A barquense Fátima Delgado presenta o seu novo poemario no café teatro Bajo Cinco
20 de Decembro de 2018
O acto será o domingo 23 de decembro ás 19:30h. e contará coa presenza da autora acompañada por música electrónicaFátima N. Delgado. /Foto: alprimervuelo.com
É poeta, actriz e dramaturga natural do Barco de Valdeorras e malia vivir en Madrid dende hai unha década onde mestura as tres facetas, nesta Nadal presenta en casa o seu novo poemario Ninfopoética editado por Urutau (Brasil).
En palabras do propio editor, Wladimir Vaz, “O libro de Fátima N. Delgado fainos recordar que todos nós precisamos rexuvenecer. É unha oda ao corpo, aos desexos e aos soños de xuventude. A autora envólvenos con ardor e fainos sentir vivos”.
A presentación terá lugar este domingo 23 de decembro ás 19:30h. no Café Teatro Bajo Cinco e contará con poesía en vivo na voz da propia autora do libro acompañada por música electrónica. Posteriormente abrirase o micro para que os poetas que queiran compartan os seus versos.
Cartel da presentación de Ninfopoética no Bajo Cinco, O Barco.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.