CulturaCulturaÚltima hora

A barquense Fátima N. Delgado presentará en Madrid o seu novo poemario bilingue ‘Paleontoloxía’

Fátima N. Delgado nunha presentación no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Dúas semanas despois de recoller o premio ‘Deporte en las Artes’ de ADI pola súa obra Run Baby Run, a escritora valdeorresa Fátima N. Delgado presentará en Madrid o seu novo poemario bilingüe (galego e castelán).

Paleontoloxía é unha homenaxe póstuma coa que a autora nos achega a paisaxe da súa infancia e os clarescuros da súa orixe. “Co traxe de arqueóloga posto, escarva nos ósos dos seus devanceiros e desenterra as raíces da súa poética”, indican dende a editorial Belagua, explicando que neste libro “asistimos a un fermoso paseo por unha orografía familiar onde o home traballa na madeira, a muller escorbella verduras e a nena observa”.

 

 

O acto de presentación desta obra será o vindeiro martes 29 de abril ás 19 horas na librería Enclave de Libros e contará cunha performance poética a cargo da autora, seguida dun coloquio moderado polas poetas Laura García de Lucas e Pilar Astray.

Artigos relacionados

Back to top button