DeportesKárateÚltima hora

A barquense Leyre Paradelo Ambrinos, entre as mellores karatekas de España

 

Leyre Paradelo Ambrinos./ Foto: RFEK.

 

Durante toda a fin de semana dispútase en Málaga a gran final da Liga Nacional de Karate. Na xornada do venres competían as categorías femininas entre os que estaba a benxamina barquense Leyre Paradelo Ambrinos (KC River Stone) que con apenas 7 anos participaba na final por segundo ano consecutivo.

Sabía que era difícil, de feito na liga nacional as medallas van caras, pero a pequena karateka valdeorresa lograba un meritorio sétimo posto e sobre todo unha gran experiencia. Ela mesma asegura que lle gustou moito a competición e que o pasou moi ben. Sinte non ter levado a medalla para Valdeorras pero recoñece que cando chegou o momento da competición, ao entrar no tatami, empezaron os nervios ao ver o pavillón  case completo, consciente de que era unha final nacional.

Así e todo, ao terminar a competición estaba contenta polo vivido un ano máis, dando as grazas a todas as persoas que a teñen apoiado con miles de mensaxes de ánimo; aos compañeiros de clase; aos compañeiros de karate… Para darlle as grazas polo apoio a todos eles, en breve fará un vídeo que colgará en redes sociais.

 

Artigos relacionados

Back to top button