DeportesKárateÚltima hora

A barquense Lucía Herrero, convocada pola selección española de karate

Participará do 25 ao 27 de setembro nunha concentración de kumite cadete, júnior e Sub-21 nos Tilos (Teo)

A karateka barquense Lucía Herrero Valcarce. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cunha cita importante retoma a competición e comeza a tempada de karate 2020/21 a barquense Lucía Herrero Valcarce do Club River Stone. É unha das catro karatekas convocadas pola Real Federación Española de Karate para acudir á concentración de kumite cadete, júnior e sub-21 que se celebrará do 25 ao 27 de setembro nos Tilos (Teo).

“É o denominado Proxecto Mundial de Karate. Será a miña primeira competición neste tempada e, á vez, a primeira vez que me convoca a federación española para ir a competir con eles, así que comezar así dache moi boas sensacións”, destaca ilusionada a karateka valdeorresa, que continúa adestrando no Centro de Tecnificación de Pontevedra, pero agora como deportista externa.

Nesta concentración participarán karatekas de Galicia, Portugal e da Selección Española. Xunto á valdeorresa, foron tamén convocados pola española outros dous seus compañeiros no centro de tecnificación: Lucía Guerrero (Renbukan) e Víctor Mallo (EK Franza).

Artigos relacionados

Back to top button