ConcellosO BarcoÚltima hora

A belenista valdeorresa María Carmen Núñez, pregoeira do Nadal no Barco

O acto terá lugar o 19 de decembro ás 18:30h. na Igrexa de Santa Rita na festa de benvida do Nadal na parroquia

María Carmen Núñez./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A parroquia do Barco vén de dar a coñecer o seu programa de Nadal, que se abrirá de xeito moi especial na tarde do 19 de decembro na Igrexa de Santa Rita do Barco. A partir das 18:30h. comezará a “Festa da Benvida do Nadal” que incluirá a bendición do nacemento, o acendido da iluminación interior e exterior da igrexa, así como a decoración de do templo e o pregón do Nadal, que nesta ocasión estará a cargo de María Carmen Núñez, profesora do CEIP Julio Gurriarán do Barco e gran impulsora do belén artesán de Rubiá.

Outro dos elementos importantes da celebración será a música, cun concerto de panxoliñas no que se contará coas actuacións do alumnado do Colexio Divina Pastora do Barco, o Coro de Rubiá, o Coro de Viloira, o Coro Santa Rita, o Coro San Mauro e os nenos da Catequese, tal e como informa o párroco do Barco, Jesús Álvarez.

 

O párroco do Barco, Jesús Álvarez./ Foto: A.R.

 

Ademais, o Día de Nadal, ás 12:30h. na mesma Igrexa de Santa Rita oficiarase a Misa dos nenos e das familias. Outro dos actos de referencia do Nadal na parroquia do Barco será o concerto da Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense o día 27 de decembro ás 18h. na Igrexa de Santa Rita.

Ademais o 2 de xaneiro e os días seguintes haberá engregade xoguetes solidarios dende Cáritas da Unidade Pastoral, o 6 de xaneiro celebrarse o Día de Reis ás 12:30h. tamén na Igrexa de Santa Rita coa visita e despedida as súas Maxestades de Oriente por parte dos rapaces barquenses.

 

Artigos relacionados

Back to top button