CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca de Sober, novamente distinguida nos Premios de Animación á Lectura María Moliner

O recoñecemento inclúe as actividades que se fan nas Merendas con Contos, no Club de lectura e no Faladoiro dos luns

Foto cedida polo Concello de Sober.

 

A Biblioteca Municipal do Concello de Sober recibe un ano máis un dos Premios de Animación á Lectura María Moliner para municipios menores de 50.000 habitantes que concede o Ministerio de Cultura e Deporte.

A distinción foille outorgada polo programa denominado ‘Sober coa lectura’ que comprende actividades para nenos e adultos. O premio conleva unha subvención en metálico de preto de 3.000 euros para a compra de libros e publicacións periódicas.

O recoñecemento inclúe as actividades que se fan nas Merendas con Contos, no Club de lectura e no Faladoiro dos luns.

A Biblioteca Pública de Sober vén recibindo este galardón de xeito consecutivo desde o ano 2018.

Artigos relacionados

Back to top button