Maxia, humor e diversión a partes iguais. Moi entretidos pasaban a mañá deste martes 22 de abril os usuarios de Asfaval, grazas a unha das actividades desenvolvidas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco.
Ata alí se achegaba a Maga Fani para presentar o seu espectáculo Antoloxía de Trasnadas, que compartíu cos asistentes aos que convidaba interactuar con ela. Non faltaron os trucos de maxia, os clásicos e máis innovadores, nin tampouco a música nin os chistes.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



