DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A BTT Trevinca 2019 celebrarase o 29 de setembro na Veiga

As inscricións, limitadas a 300 bikers, estarán abertas ata o día 23 ás 12 horas

Dúas distancias: unha curta de 32 km e outra longa de 60, cun desnivel positivo de 1.000 e 1.750 e unhas vistas incomparables do teito de Galicia. É o que ofrece a BTT Trevinca 2019 que tralo éxito de anteriores edicións dará o pistoletazo de saída desta edición, o 29 de setembro ás 9:30 horas, na praza do Concello da Veiga.

As incricións están limitadas a 300 bikers e permanecerán abertas ata o luns 23 de setembro ás 12h. ou ata fin de prazas podendo formalizala no seguinte enlace: https://www.avaibooksports.com/inscripcion/inscripcion_datos.php?id=9894

A entrega de dorsais farase a partir das 8:30h. O prezo para os 50 primeiros inscritos é de 18 euros e de 25 para o resto.

As fotos da galería son imaxes do vídeo promocional da proba.

 

Artigos relacionados

Back to top button