A chuvia e a ‘Cachucha’ foron sen dúbida os dous protagonistas deste domingo 25 de febreiro na vila do Arenteiro.
Con moita afluencia de público malia o frio e a auga, se celebraba a XXIX Festa da Cachucha do Carballiño. Pola mañá tiña lugar o desfile de carrozas e xa en torno ás 14 horas continuaba co xantar en 21 restaurantes.
Un deles é Restaurante Esclavo, no que a xerente e o seu equipo pousaron cun bodegón co prato estrela do día: cachucha con chourizos; orellas e rosquillas.
A Festa da Cachucha continuaba pola tarde coa animación das charangas e un novo desfile.
Fotos: Carlos G. Hervella e cedidas.