ConcellosÚltima hora

A caída dunha árbore corta a estrada de Éntoma (O Barco) á Veiga de Cascallá (Rubiá)

 

O Grupo de Emexencias Supramunicipal (GES) Valdeorras continúa coas labores de retirada dos árbores caídos nas últimas horas na comarca a causa do paso da borrasca Ciarán. Así levan desde as dúas desta tarde na estrada entre Éntoma e A Veiga de Cascallá, que no intre de escribir estas liñas está cortada pola caída dun chopo no cableado telefónico e de alumeado.

 

 

Se alguén ten previsto circular por esta zona, recoméndase moita precaución e que se transite a modo, xa que hai zonas inundadas e bastante terra por derrumbes.

 

Artigos relacionados

Back to top button