CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A campaña de divulgación da toponimia “Toponimízate” chega a Manzaneda e Ribadavia

O especialista Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG), impartirá charlas en Manzaneda e Ribadavia./ Foto cedida.

 

Neste mes de novembro ponse en marcha unha nova edición da campaña divulgativa da toponimia Toponimízate. Coñece os nomes da túa terra. Percorrerá as localidades de Manzaneda e Ribadavia (na provincia de Ourense) e Mazaricos (A Coruña).

Nelas impartiranse charlas da man do especialista Vicente Feijoo, membro do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG). As intervencións contan coas achegas, na elaboración da información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos, parroquias e aldeas, do académico correspondente e profesor da Universidade de Vigo Gonzalo Navaza. A RAG coordina esta iniciativa coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Así, o mércores 6 de novembro Toponimízate chegará a Manzaneda, cunha sesión divulgativa, a partir das 11 horas, que se desenvolverá no CEIP Manzaneda. O venres 8 de novembro a cita será en Ribadavia, a partir das 18 horas no centro social da vila. Anteriormente, o luns 4 de novembro os veciños e veciñas de Mazaricos poderán profundar nos nomes da terra da súa contorna.

 

Exterior do CEIP de Manzaneda, onde se impartirá a charla./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

 

“Alén de profundar no coñecemento dos nomes dos lugares habitados, as persoas asistentes poderán familiarizarse coa aplicación colaborativa para a preservación e difusión da microtoponimia a través da xeolocalización que empezará a funcionar proximamente, e tamén aprenderán a consultar a microtoponimia xa xeorreferenciada no “Buscador de topónimos”. As utilidades destas ferramentas abranguen dende as actuacións sobre o territorio dos técnicos municipais (PXOM, catastro…) ata a promoción turística de elementos de interese cultural e rutas de sendeirismo”, tal e comos e informa dende a RAG.

Artigos relacionados

Back to top button