PolíticaÚltima hora

A campaña do BNG de recollida de sinaturas contra a suba da luz, no Barco

 

O Bloque Nacionalista Galego continúa coa campaña de recollida de sinaturas contra a suba da luz e a favor dunha tarifa eléctrica galega, asegurando que “resulta escandaloso todo o que ten que ver co incremento brutal da factura da luz do noso país”.

Dende o BNG aseguran que “Galiza é rica en electricidade pero non se beneficia desa riqueza, ao contrario, familias e PEMES pagan cada vez máis pola factura da luz e iso pese a soportar os custes ambientais e sociais”, polo que “cumpre baixar o IVE da electricidade ao 4%, suprimir o Imposto Especial do 5%, impedir que repercuta na factura o Imposto de produción do 7%, e ademais suprimir os cargos e peaxes que non teñen relación co consumo”, en palabras do deputado nacionalista Iago Tabarés que inauguraba a campaña en Celanova.

O sábado 26 de xuño, a deputada do BNG no Parlamento galego María G. Albert, xunto a compañeiros do BNG da Rúa, recollían sinaturas na praza do Concello rues e hoxe, martes 29 de xuño, colocaban a mesa na praza do Concello do Barco de Valdeorras, coa presenza entre outros, do concelleiro do BNG no Concello do Barco, Jesús Vilasánchez.

Mañá, mércores 30 de xuño, a deputada nacionalista Noa Presas estará no Carballiño, recollendo sinaturas xunto a compañeiros do partido, a partir das 11:30 horas na praza Maior.

Fotos: Carlos G. Hervella salvo a última que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button