EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña do Día do Pai do Centro Comercial Aberto O Barco xa ten gañadores

O sorteo realizábase no mediodía deste xoves 18 de marzo

 

A campaña de dinamización “con P de Pai”, organizada polo Centro Comercial Aberto O Barco con motivo do Día do Pai, xa ten gañadores.

Durante os días 17 e 18 de marzo, en horario de 11 a 13:30 horas, o CCA instalou na praza do Concello do Barco un stand ao que se achegaron clientes dos establecementos asociados co seu tícket de compra para participar no sorteo de dous vales de 100 euros cada un.

Unha vez finalizada a campaña, ás 13:30 horas deste xoves 18 de marzo, celebrábase o sorteo, ao azar, entre todos os tíckets depositados na urna resultando gañadoras, Mónica (tícket de Garoba) e Maite (tícket de Nº 37). As premiadas poderán recoller o seu vale de compra na oficina do CCA O Barco (r/ España, 1) o luns 22 de marzo, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button