EconomíaEconomíaÚltima hora

A campaña “Falamos?”, do Barco CCA, xa ten ganadores

O presidente do Barco CCA, no sorteo da campaña “Falamos?”./ Cedida.

 

Este luns ás 12h. a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco vén de celebrar o sorteo da campaña “Falamos?”, organizada en colaboración das axencias de seguros e as asesorías asociadas ao CCA e dirixida exclusivamente a este sector.

Do 5 de maio ao 30 de xuño, axencias e asesorías repartiron entre os seus clientes rifas para participar no sorteo de dous bonos, de 250 euros e de 150 euros, para investir nun seguro de nova contratación, e de tres vales, de 100 euros cada un, para gozar dunha comida ou unha cea nos establecementos hostaleiros asociados ao CCA O Barco; respectivamente.

Os clientes premiados cos bonos das axencias de seguros son:

BONO DE 250 EUROS (doado polas axencias de seguros): Cristina Bouzas – Helvetia Seguros, Carmen Mª López.
BONO DE 150 EUROS (doado polo CCA O Barco): Carlos – Allianz Seguros, Juan Allegue.

Os clientes premiados con vales das asesorías(*) para gozar dunha comida ou unha cea son:
PRIMEIRO VALE 100 EUROS: Jacinto González – Asesoría Castelao, Diego Paz.
SEGUNDO VALE 100 EUROS: Tamara – Asesoría Roca, Enrique P. Roca.
TERCEIRO VALE 100 EUROS: Marcos Santalla – Valdeorras Xestión, María Ángeles González.

(*) As asesorías achegaron 210 euros e o CCA O Barco 90 euros do total dos premios.

Artigos relacionados

Back to top button