ConcellosÚltima horaVerín

A campaña “Os 6.000 de Verín” xa ten ganadores

O sorteo desta iniciativa, promovica por AEVER Verín e polo Concello, tiña lugar esta mañá ante notario

 

Na mañá deste 30 de decembro tiña lugar o sorteo ante notario da campaña de dinamización do comercio local “Os 6.000 de Verín”. Os establecementos participantes nesta iniciativa, promovida pola Asociación de Empresarios de Verín (Aever Verín) en colaboración co Concello, entregaban boletos para participar neste sorteo aos clientes que realizaban compras entre o 20 de outubro do 2020 e o 26 de decembro do 2020. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

En total sorteábanse oito cheques: 1 cheque de 2.000 €, 1 cheque de 1.000€ e 6 cheques de 500 €. O sorteo facíanse ante o notario Ramiro Muñoz, que colaboraba tamén desinteresadamente para apoiar ao comercio local de Verín. O diñeiro dos cheques deberá ser gastado nos locais e establecementos que participen nesta campaña.

Os ganadores deste sorteo son os seguintes:

 

Fotos: AEVER Verín.

Artigos relacionados

Back to top button