PolíticaÚltima hora

A candidatura de RIO conta coa súa propia canción

A Agrupación de Electores de San Xoán de Río valora positivamente o avance da campaña electoral neste concello
Candidatura de RIO./ Foto cedida.

A Agrupación de Electores de San Xoán de Río (RÍO) afronta os derradeiros días de campaña electoral loitando por obter a maioría absoluta no Concello. “Se o obxetivo cando se creou a candidatura foi que o tránsfuga Luis Castro, alcalde do PSOE estos últimos 4 anos e candidato do PP nestas eleccións non tivera maioría absoluta, o proxecto desbordou as mellores previsións e cun duro traballo estos meses, unha lista de 17 persoas (o máximo permitido), unha campaña en positivo e o apoio de cada día mais xente fan soñar a RÍO con obter maioría absoluta este domingo”, asegura o seu cabeza de lista, Xosé Miguel Pérez Blecua.

Tal é a ilusión nesta fin de campaña que a candidatura creou unha canción “para intentar sumar esta ilusión que eles teñen o resto da veciñanza de San Xoán de Río”. Está interpretada pola cantante Ari, unha moza de 16 anos de Río.

A diferenza do que acontece noutros concellos, onde hai actos públicos, en Río a campaña “céntrase en que os candidatos vaian porta a porta intentando convencer, un a un, a cada veciño. A problemática xeral é a mesma en todas as parroquias do concello, o abandono sistemático por parte de todas as institucións. Estradas en mal estado, cunetas sen desbrozar, camiños cegos polo abandono, etc. Despois cada persoa ten problemas específicos, fallo das farolas, persoas de avanzada idade as que o contenedor quédalles moi lonxe da casa, problemas ocasionados pola falta de sumidoiros en varios lugares, etc.”, explica Pérez Blecua.

Neste días o candidato asegura que RÍO tomou esta campaña de forma diferente, “prometemos traballo, humildade, honradez, honestidade e sentido común por parte da candidatura se se obtén a alcaldía. Centraremos o traballo municipal dos vinderios catro anos en 2 eixos fundamentais: garantir os mellores servizos para a veciñanza e fixar poboación no concello. A resposta da xente foi moi positiva e cada día mais xente súmase o proxecto de Río”.

[adv_video_player id=”3″]

Letra da canción:

Borramos negras pegadas
De abandono e desilusión
aló no alto da Moá
A Lúa xuntouse ao Sol
Na terra dos afiadores
A roda non vai parar
Escoita o noso asubío
Río vai desbordar!!

Rio vai desbordar
Rio vai avanzar
Desde Cerdeira
Vai desbordar
Ata Cerniza
Imos chegar
Veña San Xurxo
forza e levantar
Río vai avanzar
Ande a roda
que hai que afiar
Rio vamos gañar

Imos ao paso das vacas
A montaña é o noso lugar
Toca desbrozar as eiras
Río vai desbordar

Ata o Arboiro
vai desbordar
Quencer o forno
de Mouruás
Chegando ao encoro
vai desbordar
De Domecelle
a San Xulián
Berrai connosco
Rioo
Rio vai gañar

Artigos relacionados

Back to top button