DeportesEn portadaÚltima horaVídeos

A canteira do atletismo galego dase cita este domingo no Barco

Esta mañá as pistas de Calabagueiros acollen o Campionato de Galicia Sub10 e Sub 12 por equipos

 

Arredor das 10:15h. dez desta mañá iniciábanse nas pistas de atletismo do Barco os XI Campionatos galegos Sub10 e Sub12 de clubs. Ademais pola tarde continuará a competición autonómica co galego indivual Sub14.

Nesta importante cita do atletismo base están inscritos preto de 800 atletas en representación de máis de 50 equipos o que o converten nun dos eventos máis importantes que se realizan para as categorías de promoción deste deporte.

 

 

Entre os clubs que estarán parte destacan as formacións de Atlética Lucense, o Adas Cupa do Barco, Atletismo Narón, C.D. La Purísima, Lucus Caixa Rural Galega, Ourense Atletismo e o Club Atletismo Sada os cales acudirán ao Barco con catro equipos cada un.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button