E xa van 805. O atleta veterano do Barco de Valdeorras, Paco Bao (Adas Cupa), vén de sumar unha nova carreira ao seu historial atlético, nesta ocasión conmemorando o Día Internacional da Muller e correndo “pola igualdade”.

Na xornada do domingo 8 de marzo, este apaixoado do atletismo popular que leva toda unha vida correndo, máis de 800 metas cruzadas e “a ilusión de seguir sumando”, participaba na IX Carreira da Muller ‘Vivas e Iguais’ celebrada na localidade lucense de Sarria, onde era homenaxeado cunha mención no cartel da proba.

Fotos cedidas.