A carreira pedestre popular do San Martiño 2022, que se celebra este domingo 20 de novembro a partir das 11 horas, incorporará animación musical ao longo do seu percorrido por primeira vez nas 45 edicións.
Así, tal como adiantan dende o Concello de Ourense, ademais dos speakers da praza Maior, haberá grupos musicais ao paso dos corredores “como xa ocorre noutras grandes carreiras a nivel internacional, caso da maratón de Nova York”, apuntan. Tamén haberá animación con speaker e DJ na rúa do Paseo.