DeportesEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

A Carreira e Andaina do Nadal enche de cor A Rúa

O valdeorrés Alejo Ares proclámase vencedor da proba absoluta, seguido por Luis Pérez e Jesús Rodríguez

Se na tarde do 22 de decembro O Barco acollía unha multitudinaria Carreira do Turrón, na mañá do 23 era A Rúa a que se enchía de cor e espírito navideño e solidario coa celebración da VII Carreira e Andaina do Nadal. Unha proba que superou expectativas reunindo a máis de duascentas persoas en torno ás diferentes probas.

Nunha mañá soledada pero cun vento forte e frío, os andarines (109) eran os primeiros en saír pasadas as 11h. moitos deles ataviados con curiosos e chamativas vestimentas navideñas. De seguido tocáballe o turno á carreira absoluta con 72 inscritos que tiñan por diante case 8 quilómetros pola zona de viñedos, con saída e meta na estación de Autobuses. E aí, o valdeorrés Alejo Ares Prada non tivo rival, subindo unha vez máis ao alto do podio. O segundo en cruzar a meta foi Luis Pérez Varela e o terceiro Jesús Rodríguez León. Con respecto ás mulleres, a local Susana Vázquez era a primeira en cruzar a meta, seguida da tamén ruesa Maribel García Porto. Despois tocáballe os turno ás categorías inferiores, dende cadete ata prebenxamíns.

En total houbo xente de toda a comarca, uns como independentes e outros dentro dun club, sendo o Fluvial Piragüismo o máis numeroso. Tamén tivo representación o Club Adas e o Atletismo Rúa, entre outros.

A carreira solidaria estivo organizada por Valdemove, Adas Proinor do Barco e Concello da Rúa en colaboración coa delegación valdeorresa da FGA, e os alimentos recadados coa inscrición foron entregados ás Irmás da Caridade.

Máis información e clasificación completa na vindeira edición de O Sil Deportivo.

Fotos: Mónica G. Bellver, excepto a última que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button