OurenseÚltima hora

Cortes de tráfico en Mariñamansa (Ourense) o domingo pola mañá pola carreira “Correndo por Ourense”

 

A Policía Local do Concello de Ourense informa do dispositivo de tráfico deseñado para a o domingo, 6 de setembro, con motivo da celebración da Carreira de Mariñamansa. A proba, organizada polo Consello Municipal de Deportes e integrada no circuíto de Carreras Populares Correndo por Ourense, celebrarase a partir das 11 horas, nas categorías de menores e persoas adultas.

Co obxectivo de garantir a seguridade de participantes e asistentes, todas as rúas do percorrido estarán pechadas á circulación de vehículos desde as 10 horas ata a finalización do evento deportivo.

Só se poderá acceder pola avenida de Zamora en dirección ao centro da cidade e á residencia sanitaria. En dirección de saída da cidade, procederase ao corte do tráfico rodado á altura da rotonda da rúa da Saínza coa avenida de Zamora.

Itinerarios

A carreira de menores transcorrerá por: rúa Xoán Manuel Pintos, rúa do Regato, avenida de Zamora, Eduardo Pondal, rúa da Hermida e regreso a Xoán Manuel Pintos.

A carreira de persoas adultas irá por Xoán Manuel Pintos, rúa do Regato, avenida de Zamora, rúa Ponte Sevilla, rúa Vereda Papón, rúa da Hermida e chegada a Xoán Manuel Pintos.

Dende a organización solicita á cidadanía que planifique os seus desprazamentos con antelación e utilice vías alternativas para evitar retencións na zona mentres dure o dispositivo.

Back to top button