
A carreira popular do barrio do Vinteún abrirá este domingo, 26 de abril, a edición número 14 do Circuíto de Carreiras Populares “Correndo por Ourense”, que organiza o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense. O salón de plenos acolleu esta mañá a presentación da actividade que, un ano máis, propón sete carreiras que percorrerán diferentes barrios de Ourense, con categorías para todas as idades. O acto contou coa asistencia do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, o presidente do CMD, Aníbal Pereira, e representantes das empresas patrocinadoras e entidades colaboradores do
As inscricións pódense realizar na páxina web correndoporourense.com. O prazo está aberto ata o mércores anterior a cada unha das carreiras, e vólvese abrir o luns seguinte. A data límite para inscribirse na totalidade do circuíto é o 3 de xuño, coincidindo co peche da carreira do Centro.

A inscrición para todo o circuíto nas categorías de persoas adultas ten un custo de 15 € (polas 7 carreiras). Para carreiras soltas, o prezo é 5 €. Nas categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16 e Sub18 a inscrición é gratuíta.
Calendario de carreiras 2026
- Carreira do Vinteún: Domingo, 26 de abril – 11h.
- Carreira do Couto: Sábado, 30 de maio – 22h.
- Carreira do Centro: Sábado, 6 de xuño – 22h.
- Trail Oira – San Tomé: Domingo, 28 de xuño – 10h.
- Carreira de Mariñamansa: Domingo, 6 de setembro – 11h.
- Carreira da Ponte: Domingo, 27 de setembro – 11h.
- Carreira da Carballeira: Domingo, 18 de novembro – 11h.
O circuíto está organizado polo Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense co patrocinio de CHC Enerxía, Coca Cola, Gadis, Apersa e Pérez Rumbao, e a colaboración da Federación de Atletismo, Club Ourense Atletismo, RunManiak, Esprintes, colexio Divino Maestro, asociación vecinal A Cuña, Club Natación Pavillón e club Secundino Basalo.