CulturaCulturaÚltima hora

A Casa da Cultura de Rubiá acollerá un curso de escritura o 18 de marzo

Terá lugar en horario de 11 a 14 horas e leva por título “De escribir a escritor”

 

O próximo sábado 18 de marzo celebrarase en Rubiá unha interesante iniciativa que se levará a cabo na Casa da Cultura. Trátase do curso de escritura “De escribir a escritor”, que chega da man de Scribook, a escola de escritura que forma a escritores de todos os niveis, desde os conceptos fundamentais da narrativa, a redacción de relatos, novelas e até o acompañamento aos autores na corrección das mesmas.

O curso, que terá lugar en horario de 11 a 14 horas na Biblioteca mostrará precisamente os fundamentos para comezar a escribir historias de ficción. Este curso é para todos os públicos, sendo a idade mínima de participación 14 anos.

O Concello de Rubiá colabora nesta iniciativa a través da Concellería de Cultura e dende o ente local asegurar estar “ilusionados coa proposta de levar a cabo esta iniciativa cultural, creemos que pioneira na comarca, e animamos as persoas da comarca a achegarse e participar”.

O curso, que ten un prezo de 29€, inclúe a asistencia á clase presencial, ademais dun acceso exclusivo a material audiovisual na plataforma de Scribook e a posibilidade de participar nun módulo práctico que inclúe a asistencia a un taller online con outros alumnos de diversas localizacións e países.

Na web de Scribook é posible acceder a toda a información do curso así como realizar a inscrición ao mesmo (https://www.scribook.com/cursoescritura-rubia).

Artigos relacionados

Back to top button