ConcellosO BarcoÚltima hora

A Casona do Barco, nova vivenda de uso turístico no centro da vila

 

A oferta de infraestrutura turística do Barco segue a medrar. E como mostra unha nova vivenda de uso turístico, A Casona do Barco, situada na avenida Conde Fenosa, en pleno centro da vila barquense.

É unha casa tradicional independente de tres plantas con todas as comodidades, totalmente reformada, pero que conserva o engado da fachada e muros de pedra orixinais. Dispón dunha ampla adega, soportal, patio con xardín e garaxe. Ten 5 dormitorios, 2 cociñas completas, 3 baños completos, un aseo e capacidade para 11 persoas. “Dediquei moito tempo e ilusión a este proxecto”, comenta a promotora da iniciativa.

A forma de contacto e reserva desta vivenda de uso turístico realízase a través de Airbnb.
A súa ligazón directa é:
https://www.airbnb.es/rooms/52438409?_set_bev_on_new_domain=1649676405_NjE5NzUzYzdlMWU2&source_impression_id=p3_1649676438_IhtXcjP5dQP%2FcxhR

Artigos relacionados

Back to top button