A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A Cea Popular das Festas de San Antón de Fontei (A Rúa) xuntaba a unhas 150 persoas

 

O barrio rues de Fontei está en festas. Do 9 ao 13 de xuño celebrará as súas festas de San Antón. E ademais dos actos relixiosos e das actuacións musicais, este ano programa recuperaba a súa Cea popular. Tiña lugar na noite do sábado 10 de xuño a partir das 22h., nunha carpa situada ao carón da igrexa na que se xuntaban en torno a 150 persoas.

 

 

Nesta edición o seu menú incluía empanada e costela de tenreira asada, con patacas e ensalada. Despois virían a sobremesa e o café. A entrada tiña un custo de 20 euros. E despois de saborear esta cea compartida, os participantes podían desfrutar dunha verbena ao son da disco móbil Chocolate.

A música volverá soar este 11 de xuño ás 13h. cunha sesión vermú, que estará amenizada pola orquestra Alabama Show. O seu ritmo encherá novamente a praza pola noite na verbena. O programa continuará con máis actos ata o día grande da celebración, o 13 de xuño.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button