OurenseÚltima hora

A CEO desenvolve un programa comercial centrado na internacionalización das empresas

A organización ourensá plantexa un operativo a través de prexectos europeos

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) está a programar distintas actuacións para para os últimos meses do ano. A primeira é un plan de apoio que inclúe varias fases, misións comerciais virtuais, e ferramentas dixitais como vídeos 360º e percorridos virtuais.

En setembro dará comezo un programa de apoio que contempla distintas fases destinadas a contribuír á internacionalización dixital dunha ducia de empresas. Entre as accións programadas destaca o diagnóstico inicial de cada empresa, a formación necesaria ou un plan de marketing dixital internacional específico para cada empresa participante. A execución deste programa componse tamén dunha folla de roteiro para futuras accións e o asesoramento durante todo o proceso, que está enmarcado entre setembro e finais de ano.

 

 

Entre setembro e novembro a promoción internacional de produtos e servizos ourensáns realizarase grazas ao programa Exportou e ao desenvolvemento de ferramentas dixitais que facilitarán o coñecemento de produtos da provincia en mercados estranxeiros. Nesta ocasión, as accións previstas son un vídeo 360º e un circuíto virtual polas empresas agroalimentarias de Ourense, co obxectivo de facilitar e mellorar a interacción cos clientes e distribuidores internacionais. Durante os meses de setembro e outubro, realizaranse as reportaxes fotográficas 360º das empresas, que poderán tamén achegar os seus recursos dispoñibles para enriquecer esta experiencia virtual.

A continuación, para outubro e novembro, a Confederación ten previsto retomar as misións comerciais (nesta ocasión en formato dixital) para o sector agroalimentario, que centrarán a procura de mercados potenciais en emprazamentos como Estados Unidos, México, Bélxica ou Países Baixos. En cada unha destas misións participarán ao redor de 30 empresas da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal e 7 importadores ou distribuidores de produtos agroalimentarios nos seus respectivos países.

Artigos relacionados

Back to top button