Cun gran ambiente musical e luminoso se desenvolvía, na tarde deste sábado 24 de agosto, a I Festa O Barco Aberto, unha iniciativa especialmente pensada para os asociados que participan de forma máis indirecta naquelas outros campañas que se realizan ao longo do ano.

O ingrediente principal da festa que tiña lugar na praza Maior do Barco, era a música que corría a cargo dunha animada charanga CLK que comezaban a tocar ás oito e media da tarde e non paraban ata pasadas as dez e media da noite. Con todo o momento máis esperado e animado era a chegada de catro robots luminosos de gran tamaño que fixeron as delicias dos asistentes, especialmente aos cativos, bailando, saudando e facéndose fotos.
O broche á festa poñíao o sorte dunha viaxe de tres días en autocaravana a calquera punto da península entre os clientes que realizaran as súas compras nos establecementos asociados ao CCA entre o 12 e o 23 de agosto e que foi para Pili. O encargado de entregar o agasallo era o presidente do CCA, Jacobo Arias.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver salvo a última da galería que é cedida.



