DeportesÚltima hora

A biker Lucía Vázquez adestra en Oca Nova Manzaneda

A campiona do Open de España 2015 escolleu a estación de montaña para preparar o nacional de BTT XC Olímpico
A biker Lucía Vázquez en Noca Oca Manzaneda.
A biker Lucía Vázquez en Noca Oca Manzaneda.

A estación de montaña Oca Nova Manzaneda é o escenario escollido pola ciclista Lucía Vázquez, campiona do Open de España 2015, campiona galega e líder da Taça de Portugal 2015, para preparar o seu vindeiro compromiso no campionato de España de Mountain Bike XC Olímpico o domingo 19 de xullo.

A estación confírmase así como “referente no mundo do ciclismo, non só para disfrutar do Bike Park, aberto tódalas fins de semana, senón tamén para todas aquelas persoas que queren aproveitar os circuítos BTT deseñados para tódolos públicos” din dende Oca Nova Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button