OurenseÚltima hora

A cidade acollerá o 17 de setembro o I Pumptrack Concello de Ourense-Copa Galicia

Presentación do Campionato de Pumptrack de Ourense.

 

O vindeiro domingo, 17 de setembro, a cidade de Ourense acollerá o I Pumptrack Concello de Ourense – Copa Galicia, que organiza Ourense Maese Riders Team e que se desenvolverá no circuíto do Parque das Letras, na rúa do Bispo Lourenzo, desde as 11 da mañá.

O campionato, proba ciclista de Clase PT1A e incluída dentro da Copa Galicia da Federación Galega de Ciclismo, celebrarase na modalidade de BMX, ciclismo urbano, con bicicleta de 20 polgadas e reunirá participantes de todas as categorías con licenza federativa, masculina e feminina, que loitarán por rexistrar o mellor tempo de 2 mangas no circuíto.

Será a derradeira proba do calendario autonómico, na que se entregarán premios aos e ás deportistas que gañen a Copa Galicia. As inscricións pódense realizar na web da Federación Galega de Ciclismo.

O concelleiro de Deportes, Aníbal Pereira, asistiu esta mañá á presentación no Pavillón dos Remedios, do campionato no que colaboran o Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense, Deporte Galego da Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Ourense e Inorde-Turismo Ourense.

 

A presentación tiña lugar no pavillón dos Remedios.

Artigos relacionados

Back to top button