ConcellosOurenseÚltima hora

A cidade prepárase para celebrar as Festas de Ourense 2014

Do 20 ao 29 de xuño, a cultura portuguesa será un dos protagonistas da programación
Cartaz das festas de Ourense.
Cartaz das festas de Ourense.

Unha estética que recolle fogos artificiais, a catedral e siluetas da cidadanía desfrutando das festas centra o cadro que compón o cartaz das Festas de Ourense deste ano, obra do artista Baldomero Moreiras. Unhas festas que se desenvolverán na capital da provincia dende a tarde do vindeiro venres 20 ata o domingo día 29 de xuño.

A programación dos dez días de festas, que incluirá festivais, música, teatro, feiras culturais e actividades infantís, era presentada na mañá do 10 de xuño por parte da concelleira de Cultura Ana Garrido, o técnico de Cultura Manuel Freire e o autor do cartaz.

No acto, Ana Garrido desglosou algunha das propostas, coma o concerto de voces búlgaras na Praza Maior, o pregón a cargo de Elena Espinosa, o Derrame Rock, ou a variedade musical ofrecida. O principal é, para Ana Garrido, “encher as rúas de ambiente. O Paseo, o Xardín Padre Feijóo, Bispo Lourenzo, espazos magníficos que temos e que estes días contribuirán na dinamización da cidade” dixo.

A cultura portuguesa estará presente en moitas das actividades programadas, con motivo da capitalidade cultural do Eixo Atlántico que este ano corresponde á cidade de Ourene. Haberá moita música (Ourense Dance, banda municipal, flamenco, folk rock, jazz…), xogos, títeres e espectáculos infantís, teatro de rúa, microteatro, baile, danza oriental, exposicións permanentes nos espazos culturais, deportes (ximnasia, kick boxing, ciclismo, balonmán, fútbol, waterpolo…) ou os tradicionais fogos artificiais, entre outras moitas actividades que se irán dando a coñecer nos vindeiros días.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button