EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A colleita 2019 da D.O. Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Un dos momentos da cata de cualificación da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

 

Neste xoves 18 de xuño desenvolvíase a cata de cualificación da colleita 2019 da Denominación de Orixe Monterrei. Nesta cata, celebrada na sede do seu consello regulador, participaban representantes de asociacións profesionais e do panel oficial da denominación, que cualificaron como “moi boa” a añada 2019 de Monterrei.

“En brancos sobresae a diversidade orixinada nos viñedos pola mestura de variedades, balanceando recordos de froitas e flores, con frescura de carácter oceánico propio da añada; mentres que en tintos, unha óptima maduración dando lugar a viños con aromas propios dos varietais da denominación”, tal e como se destacaba dende o equipo de cata.

Para valorar a colleita 2019 sometíase ao xuízo do panel unha representación proporcional de viños da denominación. As mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter así criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final resultaba do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

Do panel de cata, que era recibido pola presidenta do CRDO Monterrei, Lara Da Silva; formaban parte os seguentes expertos:

  • Alejandro Paadín (Vicepresidente da Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”)
  • César González (Panel Oficial do CRDO Monterrei).
  • Constantino Iglesias (Presidente da Asociación de Catadores de Galicia).
  • Cristalina Álvarez (Asociación de Enólogos de Galicia).
  • Eladio Osorio (xerente Queixería RS Delicatessen).
  • Luis Congil (Periodista e investigador de la historia del vino).
  • Rebeca André (Panel Oficial do CRDO Monterrei).

Artigos relacionados

Back to top button