EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cata-conferencia sobre a “marabillosa historia do viño de Valdeorras”, nas festas patronais de Vilamartín

 

Vilamartín de Valdeorras está a celebrar as festas patronais na honra a San Xurxo, cun completo programa musical, relixiosos e cultural que, por segundo ano, inclúe a recuperación e posta en valor do patrimonio vitivinícola, cunhas xornadas en torno á vide e ao viño, nesta fin de semana.

Para a mañá deste sábado día 26 estaba prevista unha demostración polo grupo de enxertadores na praza Xosé Lois Núñez durante a sesión vermú cos Charangaiteiros que era suspendida no última momento. E xa pola tarde tiña lugar unha conferencia sobre a “marabillosa historia do viño de Valdeorras” a cargo do periodista, Luís Congil e do presidente da Asociación Galega de Sumilleres, Juanjo Figueroa.

 

 

No Centro Sociocultural Santa Lucía e cunha copa de viño na man Luís falaba aos asistentes sobre o seu libro A marabillosa historia do viño en Galica, un percorrido excitante e novidoso pola historia do primeiro viño global: o galego. Desde a prehistoria ata hoxe, no que o autor cualifica como “segunda idade de ouro do viño en Galicia”, a obra recolle un amplo abano de anécdotas e relacións inéditas de cada un dos grandes cinco territorios vinícolas da actualidade, centrándose nesta ocasión na D.O. Valdeorras.

A charla contou asemade coa intervención de Isidro García Tato, científico Ad Honorem do CSIC e membro de mérito do IEV e de María del Pilar Núñez Sánchez, directora do Museo Etnolóxico de Ribadavia que presentaban aos ponentes.

Mañá, domingo 27 de abril, continuarán as xornadas cunha cata conmemorativa do 80 aniversario da D.O. Valdeorras, na Adega O Cabalín, a cargo do seu director técnico, Jorge Mazaira.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button